luns, 9 de abril de 2012

Procesión do Santo Encontro

Venres Santo: Procesión do Santo Encontro. Revívese a Paixón do Noso Señor, a súa flaxelación, coroación de espiñas, o seu camiño ao Calvario e a Crucifixión. Nesta procesión saen as imaxes do Ecce-Homo, da Virxe María, de San Xoán, e da Verónica.

O Encontro volveu a reunir, un ano máis, a unha auténtica multitude na Praza de España e na posterior procesión camiño da Atalaia, un dos actos centrais da Semana Santa de Porto do Son. Esta procesión é sen dúbidas a que congrega a máis familias acompañadas polos máis pequenos da casa, tal e como lembro que me levaba miña nai (q.e.p.d), cando era un rapaz.

Este ano, Don Ramón, o párroco de Santa María de Nebra, San Sadurniño de Goiáns (Portosín), San Martiño de Miñortos, San Pedro de Boa-Noia e San Xoán de Camboño-Lousame, tivo a honra e o privilexio de botar o sermón estando acompañado en todo momento por Don José Santos, o párroco de San Vicente de Noal.

Como é costume a escenificación realizouse na Praza de España e o posterior percorrido fíxose pola Rúa Fernando Fariña, Praza de Rosalía, Rúa de A Roda e subida á Capela pola Rúa da Atalaia.

Quixera agradecer á familia Manoluco, as facilidades que me deron para poder gravar o Encontro dende o balcón da súa casa, xa que sen a súa colaboración isto non me seria posible de todo.

Procesión do Santo Encontro






Santo Encontro gravado por Ángel Gómez García (1974 ou 1975)
Se falla o vídeo pinchen aquí
video

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.