domingo, 1 de abril de 2012

Procesión de A Borriquiña


Dende o ano 2009 que a Confraría da Paixón do Noso Señor adquiriu esta figura bíblica, a procesión do Domingo de Ramos en Porto do Son comeza na praza de España, onde Don Xosé, o cura párroco, pronunciou unhas verbas agradecendo a presencia das autoridades, entre as cales se atopaba o señor alcalde, Luís Oujo. Tamén tivo emotivas palabras de agradecemento para os membros da Confraría, pezas fundamentais para poder levar a cabo os actos da Semana Santa.

De seguido dirixiuse ao fieis, moi especialmente aos nenos e nenas, para agradecerlles tamén a súa alta participación. Rematou o acto na praza cantando unha cantiga un coro de rapaces.

De seguido, precedida pola banda de tambores, acompañado nesta ocasión por un grupo de gaitas, a Borriquiña baixou pola Rúa Trincherpe, encarando a Avda. de Galicia e a Estrada xeral, para facela súa entrada no templo parroquial.

Todo o mundo portaba un ramo de oliveira ou palma, entre eles o señor alcalde, que estivo acompañado polo Irmán Maior de Cofradía da Paixón do Noso Señor.

A talla é de madeira de cedro, ten 1,70 de alto e foi feita polo artesán de Santiago de Compostela, Rodríguez Rocha.
Procesión de A Borriquiña

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Os comentarios son libres, só pido sentido.